Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Hipatia (¿?-415) |
Martes 01 de Enero de 2008 |
Página 9 de 35
HIPATIA (¿? - 415) O nome de Hipatia significa a máis grande. A lenda de Hipatia de Alexandría móstranos a unha moza, virxe e bela, matemática e filósofa, cuxa morte violenta marca un punto de inflexión entre a cultura do razoamento grego e o escurantismo do mundo medieval. Como ocorre con todas as biografías dos matemáticos (e matemáticas) da antigüidade, sábese pouco da súa vida, e da súa obra coñécese só unha pequena parte. Non se coñece cando naceu Hipatia pero se sabe que morreu en marzo do 415. Viviu durante a época do Imperio Romano en Alexandría, aínda que pola súa formación podemos considerar que era grega, pola localización de Alexandría, exipcia e pola época, romana. O pai de Hipatia, Teón, foi tamén un ilustre matemático que supervisou a educación da súa filla e, cun espírito especialmente aberto para a súa época, permitiu que desenvolvese os seus dotes excepcionais e convertésese nunha astrónoma, filósofa e matemática. O dato mellor coñecido na vida de Hipatia é a súa morte. Na coresma, en marzo do 415 foi asasinada. Un grupo de cristiáns, exaltados, atopárona no centro de Alexandría, "arrincárona do seu carruaxe; deixárona totalmente espida; lle tallaron a pel e as carnes, ata que o alento deixou o seu corpo; descortizaron o seu corpo...". Os asasinos de Hipatia non foron castigados. Pero esta notoriedade debida á súa tráxica morte, fixo que se perdan de vista os seus logros intelectuais e a súa auténtica biografía. Ensinou Matemáticas, Astronomía e Filosofía. Foi recordada como unha gran mestra e admirada pola magnitude dos seus coñecementos. Dela díxose: "Foi a última científica pagá do mundo antigo, e a súa morte coincidiu cos últimos anos do Imperio romano" e "chegou a simbolizar o fin da ciencia antiga". Comentou as grandes obras da matemática grega como: a Aritmética de Diofanto, (considérase que é a máis antiga das copias que se conservan), Las Cónicas de Apolonio, o libro III do Almagesto de Tolomeo, probablemente comentase xunto ao seu pai, os Elementos de Euclides e o resto do Almagesto. Escribiu un traballo titulado El Canón Astronómico. Construíu instrumentos científicos como o astrolabio e o hidroscopio. -------------------------------------- Imaxe dun astrolabio (duas caras). |
© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web |