DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Luís Santaló (1911-2001)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

LLUÍS ANTONI SANTALÓ I SORS (1911 - 2001)

Santaló

Nace en Xerona no seo dunha familia de educadores. Estuda Ciencias Exactas en Madrid e instálase na Residencia de estudantes, participando do seu ambiente cultural.

Coñece a Rey Pastor, que terá gran influencia na súa vida, e traballa no Laboratorio e Seminario Matemático. Profesor do Instituto Lope de Vega, aconsellado por Rey deixa a súa praza e viaxa cunha bolsa a Hamburgo, onde elabora a súa tese doutoral en Xeometría Integral, que le en Madrid. Ao estalar a guerra civil é recrutado en Aviación e dá clases de matemáticas aos seus mandos republicanos. Exíliase a Francia e é internado nun campo de concentración, de onde logra escapar. Marcha a Arxentina, con pasaxe pagada por Rey Pastor, quen lle axudará a instalarse nese país.

Ocupa postos de investigador e profesor nas universidades de Rosario, A Prata e Bos Aires, e visita Chicago e Princeton, onde coincide con Einstein, Gödel… Aínda que se sitúa en Arxentina, estraña España, e volve varias veces para ditar conferencias e asistir a congresos.

A súa impresionante produción científica consta de case 250 artigos e 25 libros, algúns deles traducidos a outros idiomas; ademais da dirección de 12 teses doutorais.

Investiga en distintos campos matemáticos, principalmente en Xeometría. As súas achegas máis importantes teñen lugar en Xeometría Integral, aínda que tamén son relevantes as súas contribucións en Educación Matemática e traballos de divulgación. De igual modo son de destacar os seus dotes de claro expositor e excelente profesor.

Pertence a distintas Academias de Ciencias e á Academia de Educación Arxentina, é presidente da Unión Matemática Arxentina e da súa Academia de Ciencias, así como do Comité Iberoamericano de Educación Matemática. Doutor honoris causa por dez universidades, recibe ademais outros innumerables premios e distincións.

Aos 90 anos falece en Bos Aires un home extraordinariamente afable, sinxelo, cabaleiroso e delicado no trato…: é Santaló, verdadeiro prestixio internacional, o matemático hispano máis coñecido dunha época.

--------------------------------------

SANTALÓ, LÍDER MUNDIAL DA XEOMETRÍA INTEGRAL

Probabilidades
XEOMETRÍA  INTEGRAL
Estereoloxía
TAC

Orixe: Problema da agulla de Buffon

imagen

Probabilidad =

Estudia propiedades dos corpos e as suas posicións, mediante resultados obtidos das probabilidades xeométricas

Analiza a forma, o volume e a estructura interna dun corpo a partir de seccións planas que se lle practican

Método de exploración médica que, a través de raios X, proporciona seccións dun órgano e reconstrúe logo a súa imaxe tridimensional



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web