Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Puig Adam (1900-1960) |
Martes 01 de Enero de 2008 |
Página 32 de 35
PEDRO PUIG ADAM (1900 - 1960) Nace en Barcelona no seo dunha familia fondamente catalá. Licenciado e doutor en Ciencias Exactas, aos 25 anos é catedrático de Matemáticas do Instituto San Isidro de Madrid. Logo termina a carreira de Enxeñería Industrial, que iniciara antes. É tamén catedrático de Extensión de Cálculo na Escola de Enxeñeiros Industriais de Madrid e desempeña a cátedra de Metodoloxía da súa universidade. Así mesmo, forma parte do grupo encargado da formación educativa de D. Juan Carlos I. É un home polifacético que ademais escribe versos, pinta e compón música. Académico de Ciencias, Gran Cruz de Afonso X o Sabio…, Puig Adam dá nome a unha sociedade de profesores de matemáticas, unha Medalla de recoñecemento a enxeñeiros ilustres… Desde a súa formación científica e técnica adquire unha dobre visión da Matemática: pura e aplicada. Na primeira, destacan os seus traballos relativos a fraccións continuas de coeficientes incompletos diferenciais. E como matemático aplicado, aborda a estabilidade do movemento das pas do autoxiro (problema que lle propón Juan de la Cierva), o tratamento matemático de distintos fenómenos físicos, Mecánica relativista, Cibernética; inventa un enxeño eléctrico para a resolución de problemas de lóxica formal… Aínda que o máis importante son as súas achegas á Pedagoxía Matemática, onde propicia unha reforma dos métodos de ensino. Son especialmente destacables o seu Decálogo de la didáctica matemática media, a súa metodoloxía esencialmente activa e heurística, os seus materiais, os renovadores libros de texto escritos con Rey Pastor, os seus manuais universitarios… É membro da Comisión Internacional para o estudo e mellora do Ensino Matemático e, en España, encárgaselle a reforma da Matemática no bacharelato. Puig Adam, ser de gran humanidade, no que se conxugan aspectos moi diversos dunha desbordante personalidade: matemático, enxeñeiro, pedagogo e artista, é un adiantado do seu tempo e, posiblemente, o mellor didacta da matemática español. -------------------------------------- Sobre o ensino: Ensinar ben non é transmitir ben, senón saber guiar ao alumno é a súa acción de aprendizaxe.
|
© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web |