Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Ventura Reyes Prosper (1863-1922) |
Martes 01 de Enero de 2008 |
Página 30 de 35
VENTURA REYES PRÓSPER (1863 - 1922) Ventura Reyes Prósper naceu en Castuera (Badaxoz). Estudou o Bacharelato en Murcia e a carreira de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid. Doutorouse en 1885 coa tese titulada "Catálogo de las aves de España, Portugal e Islas Baleares". En compañía do seu irmán Eduardo viaxou a Alemaña onde coñeceu aos matemáticos Félix Klein e F. Lindemann. Dotado dunha gran facilidade para os idiomas (Reyes Prósper expresábase con fluidez en francés, inglés, alemán e italiano, e tiña sólidos coñecementos de latín, grego, ruso, sueco e noruegués), puido ler de primeira man os traballos publicados polos investigadores punteiros da súa época. Don Ventura, home bondadoso e caritativo, foi catedrático de Historia Natural no Instituto Provincial de Teruel, de Matemáticas no Instituto de Segundo Ensino de Albacete, de Física nos Institutos de Xaén e Cuenca, de Física e Química e de Matemáticas no Instituto de Toledo. Nesta cidade, onde morreu, tamén impartiu clases aos reclusos. A súa actividade científica desenvolveuse en diferentes parcelas. No campo das Matemáticas ocupouse de dúas ramas relativamente novas en España: a lóxica matemática e a xeometría non euclidiana. Reyes Prósper non se dedicou a redactar manuais senón que escribiu notas sobre problemas concretos ou artigos sobre novas teorías descoñecidas polos seus compatriotas. Foi o primeiro matemático español que publicou en revistas estranxeiras (a prestixiosa revista alemá Matematische Annalen). Na vertente pedagóxica, D. Ventura foi partidario de introducir a ciencia moderna desde o ensino secundario. No programa de Matemáticas para as oposicións a Instituto presentado o 27 de agosto de 1888 dicía: "No presente programa procuro introducir aquelas modificacións que no estranxeiro, en Francia, Italia, Inglaterra, Rusia e Alemaña especialmente, son xa vulgares. Non en balde os sabios traballan no acrecentamento da Ciencia. É mester ensinar os novos descubrimentos. Procurei ser extremadamente conciso nas cuestións sinxelas, pois é probado que en pouquísimo tempo poden aprenderse". -------------------------------------- A suma dos ángulos dun triángulo (dependendo da xeometría do espazo) vale…
|
© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web |