DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

SONIA KOVALÉVSKAYA (1850 - 1891)

SONIA KOVALÉVSKAYA

Sonia Kovalévskaya foi unha matemática rusa do século XIX. O 15 de xaneiro de 1850 naceu en Moscova, Sofía Vassilíevna Korvin- Krukovskaya, á que familiarmente chamaron Sonia. Como en Rusia estaba prohibido o acceso das mulleres á universidade, as mozas atoparan unha forma moi curiosa para saír do país e poder estudar, convencer a un mozo, que compartise estas mesmas ideas a contraer un matrimonio de conveniencia. O elixido foi Vladimir Kovalevski. A voda celebrouse ese mesmo ano, 1868.

No outono de 1870 Sonia decidiu ir a Berlín para estudar con Karl Weierstrass (1815-1897), a quen consideraba "o pai da Análise Matemática". Como alí tampouco estaba permitido o acceso das mulleres ás actividades universitarias, dirixiuse directamente a Weierstrass para pedirlle clases particulares, que a admitiu como alumna particular dándolle clases gratuítas, durante os catro anos seguintes. En 1874 Weierstrass considerou que os traballos de Sonia eran suficientes para obter un doutoramento. Logo dunha enorme cantidade de xestións, a Universidade de Göttingen aceptou e Sonia presentou tres traballos de investigación. O seu primeiro traballo foi aceptado como tese doutoral e concedéuselle o grao de doutora "cum laude".

Sonia xa era doutora, con todo non atopaba traballo en ningunha universidade de Europa. O 11 de novembro de 1883, a proposta de Mittag- Leffler, foi aceptada como profesora na Universidade de Estocolmo.

As súas investigacións céntranse na Análise Matemática. Os tres traballos da súa tese son: i) Sobre a teoría de ecuacións en derivadas parciais. O seu nome pasou á historia polo Teorema de Cauchy-Kovaleskaya, que formaba parte del, sobre existencia e unicidade de solucións dunha ecuación en derivadas parciais. ii) Suplementos e observacións ás investigacións de Laplace sobre a forma dos aneis de Saturno. iii) Sobre a redución dunha determinada clase de integrais abelianas de terceira orde a integrais elípticas. Sonia estudou os casos nos que as integrais abelianas de terceira orde poden reducirse a integrais elípticas. Esta foi a súa especialización, polo que na súa época foi coñecida en toda Europa.

O seu maior éxito matemático foi a súa investigación sobre a rotación dun sólido ao redor dun punto fixo polo que obtivo o Premio Bordin da Academia de Ciencias de París, e máis tarde o premio da Academia de Ciencias de Suecia. O seu traballo póstumo, unha simplificación dun Teorema de Bruns.

--------------------------------------

Saturno

Saturno

Giroscopio Xiroscopio


 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web