DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Fermat (1601-1665)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

PIERRE DE FERMAT (1601 - 1665)

Fermat

Fermat foi un dos grandes xenios da cultura francesa, unha das figuras máis apaixonantes da Historia da Ciencia e un dos matemáticos máis eximios de todos os tempos. Con eminente erudición humanista e profundo coñecemento da antigüidade clásica, Fermat escribía con elegancia e fervor lírico versos en latín, francés e español. Pero a súa auténtica paixón, máis intensa aínda que a poesía, foron as Matemáticas –en plural, porque interveu de forma significativa en todos os campos: Xeometría clásica, Xeometría Analítica, Cálculo Diferencial e Integral, Probabilidade e Teoría de Números–. Fermat posuía un prodixioso saber sobre a Matemática grega. De Diofanto nace a súa inxente contribución ao nacemento e desenvolvemento da Teoría de Números –onde o seu nome vai asociado a un dos máis famosos problemas da Matemática, recentemente resolto–; de Apolonio e Pappus, máis á Álxebra renacentista de Vieta, xorde a súa Xeometría Analítica –o plano chamado Cartesiano con máis razón debería chamarse Plano Fermatiano–; e de ambas as influencias, en conexión cos traballos de Arquímedes, brotan numerosos artificios infinitesimais –diferenciais e integrais– que son as principais liñas directrices cara ao Cálculo Infinitesimal de Newton e Leibniz.

Fermat plasmou nalgúns manuscritos só unha parte dos seus xeniais descubrimentos e talvez por modestia ou por non converter unha apaixonada afección en profesión –era xurista–, refusou publicar. O esencial da súa obra está na súa inesgotable correspondencia cos científicos coetáneos. Nas suas brillantes epístolas dá mostras dunha sutil intelixencia sintética, que descobre, inventa, analiza, argumenta, debate e demostra con vehemente paixón. É case lendario que Fermat escribía as súas observacións e achados nas marxes dos libros da súa magnífica biblioteca de obras da Matemática grega onde atopaba a inspiración das súas ideas. Aquí reside o mítico atractivo que ten a figura de Fermat que ocupa un lugar preeminente na mente e no corazón de todos os matemáticos.

--------------------------------------

O último teorema de Fermat

Descubrín unha demostración
verdadeiramente marabillosa,
pero esta marxe é demasiado
estreita para contela
.
Xn + Yn ≠ Zn
para n>2
X, Y, Z
enteiros

A conxetura de Fermat, non demostrada ata 1995 por Andrew Wiles, foi un dos problemas máis célebres de toda a Historia da Matemática.



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web