DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego) - Fibonacci (ca. 1175-1250)
PDF Imprimir Correo electrónico
Martes 01 de Enero de 2008
Índice del artículo
Enero 2008: O Rostro Humano das Matemáticas (Galego)
Introdución
Equipo
Índice de la Exposición
Pitágoras (ca. 585-500 a.C)
Euclides (ca. 325-265 a.C.)
Arquímedes (ca. 287-212 a.C.)
Apolonio (ca. 262-190 a.C.)
Hipatia (¿?-415)
Al-Jwarizmi (s. IX)
Fibonacci (ca. 1175-1250)
Tartaglia y Cardano (ca. 1499-1557; 1501-1576)
Descartes (1596-1650)
Fermat (1601-1665)
Newton (1642-1727)
Leibniz (1646-1716)
Madame de Châtelet (1706-1749)
Euler (1707-1783)
Lagrange (1736-1813)
Sophie Germain (1776-1831)
Gauss (1777-1855)
Cauchy (1789-1857)
Abel (1802-1829)
Galois (1811-1832)
Riemann (1826-1866)
Sonia Kovaleskaia (1850-1891)
Poincaré (1854-1912)
Hilbert (1862-1943)
Emmy Noether (1882-1935)
Ventura Reyes Prosper (1863-1922)
Julio Rey Pastor (1888-1962)
Puig Adam (1900-1960)
Luís Santaló (1911-2001)
Miguel de Guzmán (1936-2004)
A Exposición nos Centros educativos
Todas las páginas

LEONARDO DE PISA (FIBONACCI) (ca. 1175 - 1250)

FIBONACCI

O matemático máis notable e produtivo de toda a Idade Media foi Leonardo de Pisa, coñecido tamén como Leonardo Pisano e "Fibonacci".

En 1192, o pai de Leonardo foi nomeado director dunha compañía comercial de Bugia (Alxeria) e nesta cidade Fibonacci recibiu os ensinos dun mestre árabe e aprendeu a calcular cos numerais indo-arábigos, que se usan na actualidade. Leonardo viaxou por Exipto, Siria, Grecia, Sicilia e polo sur de Francia, relacionándose con eruditos e estudosos das Matemáticas.

En 1200 Fibonacci regresou á súa Pisa natal e escribiu diversas obras de contido matemático, das que só se conservaron as seguintes: Liber Abaci (1202), Practica geometriae (1220), Flos (1225), Carta a Teodoro e Liber quadratorum (1225).

No Liber Abaci, Leonardo de Pisa deu un tratamento satisfactorio á Aritmética e á Álxebra. Ao longo dos quince capítulos do libro, móstrase como nomear e escribir os números no sistema indo-arábigo; desenvólvense métodos de cálculo con números naturais e fraccións; extráense raíces cadradas e cúbicas; obtéñense as solucións de ecuacións lineais e cuadráticas; resólvense problemas de troques, compañías, aligación, etc., e estúdanse cuestións prácticas de xeometría. Neste libro proponse o problema seguinte:

Cantas parellas de coellos produciranse nun ano, a partir dunha parella, se cada mes calquera parella procrea outra, que se reproduce á súa vez desde o segundo mes?

A resolución da cuestión anterior conduce á famosa sucesión de Fibonacci: 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34, 55, 89, 144,... na que cada termo, a partir do segundo, é igual á suma dos dous anteriores.

Aínda que poida parecer estraño, atopamos a sucesión de Fibonacci na disposición helicoidal das follas no talo (filotaxia), nalgunhas inflorescencias das flores compostas, nunha fonte deseñada polo matemático e escultor norteamericano Helaman Ferguson, nunha cheminea da cidade finlandesa de Turku, en dúas esculturas do australiano Andrew Rogers localizadas en Xerusalén e no deserto de Arava (Israel), ...

--------------------------------------

Meses…

Fibonacci rabbits

Número de parellas de coellos…



 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web