DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT
     Novedades editoriales
     Eventos
     Noticias
     Sugerencias
     Concursos Literarios RSME-ANAYA
     Exposiciones de la RSME
     Enlaces de interés
     Agradecimientos
     Quiénes somos
     Archivos
Galego: Concurso de Relatos
PDF Imprimir Correo electrónico

II CONCURSO DE RELATOS CURTOS DIVULGAMAT

Logo DivulgaMAT           Logo RSME

Logo Anaya

Logo Nivola   Logo Proyecto Sur

OBXECTIVO do CONCURSO

O concursante presentará un relato curto, de tema libre, relacionado coas matemáticas (do xeito que o seu autor considere oportuno). O relato deberá ser orixinal e inédito, que non fose premiado con anterioridade noutro concurso.

PREMIOS

Establécese un Primeiro Premio dotado con 750 Euros e dous Accésit dotados de lotes de 15 libros.

CONCURSANTES

Poderá participar calquera persoa sen distinción de idade ou nacionalidade. As narracións poderán estar redactadas en calquera das linguas oficiais do Estado Español. Cada concursante poderá enviar o número de orixinais que desexe.

PRAZOS DE ENTREGA e FALLO do CONCURSO

Os traballos deberán remitirse a:
Raúl Ibáñez Torres (Presidente da Comisión de Divulgación da RSME)
Departamento de Matemáticas, Facultade de Ciencia e Tecnoloxía, Universidade do País Vasco
Apdo. 644, 48080 Bilbao

antes do 30 de novembro do ano 2006.

Os relatos presentaranse en formato DIN-A4, mecanografados ou confeccionados a ordenador (tipo de letra Times 12 ou similar) a dobre espazo e por unha soa cara.

Os relatos presentaranse necesariamente con un pseudónimo. Achegarase un sobre pechado, en cuxo exterior constará o título do relato e o pseudónimo. No interior de dito sobre deben constar os seguintes dados: título do relato, nome e apelidos, enderezo, data de nacemento e teléfono de contacto do concursante.

XURADO

A Comisión de Divulgación da Real Sociedade Matemática Española designará un xurado composto por profesores e profesionais de distintas especialidades e o seu fallo será inapelábel. Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resolvidas polo xurado.

O fallo do concurso farase público a principios de febreiro do 2007. A Comisión de Divulgación da Real Sociedade Matemática Española resérvase o dereito de publicación dos traballos gañadores e finalistas.

ACEPTACIÓN DA BASES

A participación no concurso leva implícita a aceptación de todas estas bases, así como as decisións e o fallo do xurado.

INFORMACIÓN

Para calquera información adicional, pódese contactar con Esta dirección electrónica esta protegida contra spambots. Es necesario activar Javascript para visualizarla . Páxina en Internet www.divulgamat.net

 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web