DivulgaMAT
Inicio - DivulgaMAT Facebook - DivulgaMAT Twitter - DivulgaMAT

«Hai que sementar nos rapaces o espírito da curiosidade»
PDF Imprimir Correo electrónico
La Voz de Galicia, 21 de Julio de 2004
Entrevista
Cronómetro
- Ambrosio Borrajo Conde MESTRE DO COLEXIO PÚBLICO DE ALLARIZ

Ambrosio Borrajo Conde é mestre do colexio público de Allariz e un activo animador da vida educativa. Creador e impulsor de xogos arredor das matemáticas, puxo en marcha na primavera un experimento agrícola que obterá resultados co inicio do novo curso, en setembro.
-¿En que consiste?
-Trátase de facer unha comprobación, de verificar se é certo algo que a min me dixeron e que parece sorprendente: que sementando unha soa pataca se pode obter unha producción dun saco enteiro.
-Sorprendente si que parece.
-A min aseguráronme que se podía facer, así que decidín propoñerllo aos meus alumnos como un reto porque creo que hai que sementar nos rapaces o espírito da curiosidade. Aceptaron e puxémonos mans á obra.
-¿Como se levou á práctica?
-O experimento, tal como a min mo expuxeron, consiste en sementar a pataca e rodeala con dous neumáticos de coche. Encher o espacio baleiro de terra e esterco. Cando asoma o gromo, colócase outro neumático e séguese cubrindo con terra. Así, ata oito rodas.
-¿Cumprírono rigorosamente?
-Decidimos actuar máis sobre seguro e sementamos dúas patacas para que, se fallaba unha por calquera motivo, aínda puideramos seguir co experimento. Cando rematou o curso iamos na colocación da séptima roda e decidimos deixalo así.
-¿Cando se resolverá o misterio?
-Cando toque a recollida; os alumnos encargáronse de coidala e pronto verán o froito.

 

© Real Sociedad Matemática Española. Aviso legal. Desarrollo web